A Concellaría de Desenvolvemento Local do concello de Redondela, en colaboración coa
cooperativa Trespés, organiza para o próximo sábado 26 de novembro unha xornada técnica sobre a mazá, que ten como obxectivo mostrar as potencialidades que este cultivo pode ter como recurso económico. A celebración da mesma desenvolverase no centro cultural da parroquia de Negros, dada a longa tradición que o cultivo da mazá ten neste lugar.
Na contorna das parroquias que conforman o val do Maceiras, a produción de mazás destacou como un dos cultivos máis salientábeis no pasado. Na zona consérvase unha memoria do cultivo, cunha forte identificación con este froito por parte dos seus habitantes. Na parroquia de Negros organízase cada ano unha festa de exaltación da mazá.
Coa celebración desta xornada, desde a administración municipal pretendemos avaliar as posibilidades e dificultades existentes para a posta en marcha de iniciativas empresariais centradas na mazá, ofrecendo unha visión do contexto do cultivo da mazá en Galicia. É por iso, que o programa resposta a un duplo enfoque. Por unha banda, vanse abordar cuestións técnicas referidas ás castes autóctonas de mazás, ás políticas de desenvolvemento rural, ás liñas de apoio existentes para a posta en marcha de iniciativas empresariais e á análise da fórmula cooperativa como ferramenta de auto-emprego.
Ao tempo, presentaranse diversas iniciativas que teñen a mazá como eixo e que xurdiron nos últimos anos en Galicia, e poderían ser vías a desenvolver na zona. No ámbito produtivo imos contar coa dúas experiencias de explotacións de mazá, unha en Campo Lameiro e outra na zona das Neves. Teremos tamén a experiencia de Ullama, unha cooperativa de pequenos produtores que comercializan a produción de xeito conxunto. Mostráranse iniciativas de transformación, como Frugal, unha cooperativa de Culleredo que vende froita deshidratada e que veñen de recibir o premio aos valores cooperativistas no ano 2011, ou a produción de sidra realizada por Customdrinks, empresa radicada na zona de Chantada e que centra a súa produción na sidra ecolóxica e no vinagre de mazá.
As xornadas son abertas ao público en xeral, sendo preciso formalizar a inscrición no correo electrónico aedl@redondela.es ou no teléfono 986 110045.
Programa das xornadas
10:00 Apertura das xornadas
Dna. Ana Alonso. Concelleira de Desenvolvemento Local
10:15 (Re)imaxinar o autóctono. Diversidade, proximidade e complementariedade
Afonso Touceda. Técnico da Asoc. de produtores Lentura
11:00 As castes galegas de mazá
Santiago Pereira. Profesor Titular da Escola Politécnica Superior de Lugo. USC
11:45 Debate
12:00 Café
12:15 Políticas e iniciativas para o desenvolvemento rural
Eva Gil Solla. Técnica de Dinamización rural GDR18
13:00 A economía solidaria, alternativa para o desenvolvemento socio-comunitario
Ramón Carmelo. Técnico da Fed. de Cooperativas Sinerxia
13:45 Debate
14:00 Xantar
16:15 A produción ecolóxica de mazás. Entre a tradición e a innovación
Rosa Ramonell. Campo Lameiro / César Garcia. As Neves
17:00 Maceiras da Ulla. Unha experiencia para a comercialización
Miguel Soto. Técnico Asesor da Cooperativa Ullama
17:30 Abrindo camiños na transformación: A froita deshidratada
José Andrés Riande. Frugal. Soc. Coop. Galega
18:00 Elaboración de sidra en Customdrinks
Cristina Vázquez. Responsábel de produción de Customdrinks
18:30 Debate
18:45 Clausura das xornadas
Información de interese
Lugar de celebración: Centro Cultural de Negros (Redondela)
Inscrición até o 24 de novembro no correo aedl@redondela.es ou no tfno 986 110045
Para aquelas persoas que o desexaran, a organización ofrece un xantar (prezo 8 euros)
Tfnos contacto: 986 402664 Departamento de Desenvolvemento Local. Concello de Redondela
986 110045 Trespés Soc. Coop. Galega
Organiza: Concellaría de Desenvolvemento Local
Desenvolve: Trespés Soc. Coop. Galega

