Nunha xuntanza mantida na mañá de hoxe, entre o Alcalde de Redondela, Javier Bas, o Xerente da Fundación da Illa de San Simón, Don Xavier Alonso, e a Concelleira de Ensino, Teresa París, sentáronse as bases de traballo que van permitir no próximo curso escolar 2011/12, que centos de nenos tanto da educación primaria e da secundaria, poidan coñecer de cerca a Illa de San Simón, e disfrutar alí dunha xornada de lecer e de actividades complementarias.
O contido desta colaboración será trasladado a tódolos centros educativos do noso Concello e as súas ANPAS.
“A Illa de San Simón, ata fai uns poucos anos era moi pouco coñecida polos veciños do Concello, e nos imos tentar achegar esta importante peza do patrimonio histórico-artístico e natural, a nosa poboación, dando preferencia os mais novos, a través dunha serie de colaboracións que se van levar a cabo de agora en diante, entre o Concello e os órganos representativos dos distintos centros de ensino.”
Tratase de facer que sintamos a Illa coma algo noso, de todos os veciños, e que poidamos descubrila e disfrutala.
Na xuntanza recolleuse unha valoración moi positiva deste proxecto así mesmo tamén de poder facer que outros colectivos de persoas (asociacións, colectivos deportivos, culturais, e aqueles que traballen con persoas con necesidades especiais), poidan ser tamén beneficiarios deste acordo.
Queremos facer que realmente San Simón sea noso. Que esté dispoñible para cantos queiran coñecela.
Dende a Concellería de Ensino, faise especial fincape no valor educativo desta visita para os nenos e nenas, en temas como coñecemento do medio e moitos episodios da Historia com maiúsculas do noso Concello.
“Esperamos que esta proposta teña unha boa acollida tanto nos centros de ensino coma no resto de colectivos e axentes sociais, pola propia beleza da illa coma polo valor de aventura que ten coma valor engadido”.


