A Concelleira de S.Sociais, Muller, Igualdade e Ensino do Concello de Redondela, Dona Teresa París, en referencia as críticas verquidas polo grupo do Bng de Redondela, fai esta aclaración, xa que parece que o noso xeito de traballo non agrada a este grupo da oposición..E prioritario para nos, a apertura dos procesos de contratación, para que estes cheguen ó maior número de redondeláns posible, así coma chegar a facer contratacións cada vez máis eficientes.No caso concreto da contratación da Coordinadora do Programa Clara, e seguindo indicacións do propio Instituto da Muller de cara ás posibles titulacións que se suxerían coma apropiadas. Nestas últimas bases engadíronse ás xa existentes, algunhas titulacións que en anos anteriores non figuraban. Isto facilitou un maior abanico de candidatos-as para cubrir este posto, e adoptando unha modalidade de contrato con mayores garantías para o propio Concello.
O que si se pode constatar e que todo o procedemento respetou exquisitamente o cumprimento das premisas legalmente establecidas, e a contratación da persoa finalmente seleccionada polo tribunal, fixose seguindo escrupulosamente as bases elaboradas polos técnicos municipais e cos informes favorables. Nin esta Concelleira nin ninguén do noso grupo pode ser acusado de discrecionalidade porque esta non existe. Dende a miña opinión, hai modos máis productivos de servir os cidadáns deste concello que vertendo acusacións falsas e sen ningún fundamento.
Acusar e criticar de oídas, sen comprobar o procedemento levado a cabo é unha mostra máis da prepotencia característica do BNG.
Coma grupo da oposición que é, o Bng, ten á súa disposición o expediente administrativo completo, se quere asegurarse do anteriormente expresado por Teresa París, e quizáis unha vez feito isto, este grupo municipal conveña en que non todos gobernamos do mesmo xeito.
Contratar persoal de forma discrecional, dende logo, pode ser unha técnica empregada por anteriores gobernos, e veráse se fora o caso, quén e cando se fixo.
O grupo municipal do Partido Popular non só levaba anos de oposición protestando por unha maior transparencia nas contratacións, senón que agora que estamos no goberno, imos demostrar que se pode contratar con total claridade, aínda que para algúns coste crelo, a forma de goberno vai ser difernte, xa o está sendo de feito, guste ou non os que acostumaban a traballar con outras premisas.
Por outra banda, o programa CLARA xa está en marcha, e estamos moi satisfeitos do traballo avanzado, xa que contamos con máis de 50 candidatas para este ano no módulo de orientación laboral, e coma novidade, estamos achegando ó programa a persoas de diferntes entidades e colectivos que poden beneficiarse desta oportunidade de inserción laboral, que pola súas características topan maiores obstáculos á hora de buscar unha actividade no mundo laboral. En concreto nos puxemos en contacto co CAPD, con Aldeas Infantiles, e coa Asociación Lenda.

