A Concellaría de Servicios Sociais, Muller e Igualdade, que dirixe Teresa París, pon en marcha un ano máis o PROGRAMA CLARA, dirixido a incrementar a empregabilidade das mulleres en situación ou risco de exclusión. Esta edición será a cuarta no concello de Redondela, dende o seu comezo no ano 2008, “e pretendemos que os obxectivos tanto cuantitativos, en número de mulleres que formen parte do programa, coma cualitativos, en canto os módulos de formación e inserción que se irán levando adiante, sexan cada vez máis eficientes e adecuados á situación actual do mercado de traballo, posto que cada vez somos máis conocedores das realidades sociales do noso concello, e en concreto das das mulleres. Este é un programa no que todas as accións teñen resultados positivos, tanto dende o punto de vista subxetivo, das mulleres que se implican, coma dende o punto de vista obxetivo, dunha mellora das aportacións das mulleres á sociedade en xeral mellorando as súas habilidades.”
O Programa Clara é resultado dun convenio asinado co Instituto da Muller, cofinanciado co Fondo Social Europeo, e ten como obxectivo principal a motivación e desenvolvemento de habilidades que logren que as mulleres se convertan en axentes activas, tanto na súa incorporación ao mercado laboral como na adquisición de capacidades e cualificacións que lle permitan mellorar as súas condicións laborais.
A posta en marcha para este programa vai facerse de forma inmediata, tras a contratación da coordenadora do mesmo, quen traballará man con man tanto co persoal do CIM de Redondela como coa Concelleira para facilitar a incorporación e promoción laboral da muller en todos os ámbitos, para o emprego estable, a través do fomento da autoestima, da información e asesoramento personalizado á hora de definir o seu perfil profesional, de técnicas de busca de emprego e de formación ocupacional.
Neste Programa poderán participar todas as mulleres redondelás interesadas, que deberán inscribirse ou solicitar máis información, se é o caso, no CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, 2 ou no teléfono 986 40 80 43 ou a través do enderezo electrónico igualdade@redondela.info.
O servizo municipal responsable deste Programa é o Centro de Información ás Mulleres (CIM), que é o departamento encargado de proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional, información en materia de recursos e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o soliciten. Así mesmo, proporciona información e asesoramento en materia de igualdade de oportunidades aos grupos de mulleres que de forma colectiva o demanden.
-“Sabemos que o reto de fomentar a empregabilidade dentro dunha sociedade cos problemas actuais, non é fácil de superar, pero imos poñer da nosa parte todos os medios para facer deste novo Programa CLARA unha ferramenta da máxima utilidade de cara ás mulleres que queiran dar ese paso e afrontar con nos ese reto. Para elo contamos no concello cun equipo de profesionais totalmente implicadas cos problemas da muller”-.
O CIM de Redondela conta cunha psicóloga, unha avogada e unha técnica de igualdade, e as oficinas do CIM están na Rúa Isidoro Queimaliños, 2 en Redondela, abertas de luns a venres.
Na parroquia de Chapela tamén se están prestando os servicios de atención do CIM, nas oficinas da Concellaría sitas nos baixos lo pavillón de deportes.
O número de teléfono é o 986 40 80 43 e o seu enderezo electrónico é igualdade@redondela.info.

