PROGRAMA DE TURISMO.

JAVIER BAS APOSTA POR UN PLAN PARA O DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO DE REDONDELA

• O PP presenta no seu programa a promoción do Choco de Redondela, solicitando un etiquetado específico para garantir a súa orixe redondelá
• Bas e o seu equipo de traballo estarán esta fin de semana na Festa do Choco
Redondela, 6 de maio de 2011.- O Partido Popular de Redondela iniciou a campaña electoral coa tradicional pegada de carteis a pasada medianoite. Quedan por diante 15 días intensos nos que os populares exporanlle aos veciños os seus proxectos para os vindeiros 4 anos co obxectivo de acadar unha Redondela mellor. Neste marco, presentan un programa electoral con melloras e achegas nas diferentes áreas e en todas as parroquias.
Precisamente esta fin de semana celébrase a Festa do Choco e entorno á gastronomía e ao turismo o equipo liderado por Javier Bas xa ten os seus proxectos. Deste xeito, os populares apostan por elaborar un Plan para o Desenvolvemento Turístico de Redondela, solicitando ademais a declaración de Redondela como concello turístico galego. “Xestionaremos un transporte permanente á Illa de San Simón, con saída dende o novo porto de Cesantes, promovendo a inclusión de Cesantes nas travesías turísticas pola nosa ría”, asegura Bas. Con todo, “tamén fortaleceremos o turismo gastronómico e promoveremos o Choco de Redondela, solicitando un etiquetado específico para garantir a súa orixe redondelá”. Precisamente, Javier Bas, acompañado tamén dos membros da súa candidatura estarán na Festa do Choco que se celebrará ao longo desta fin de semana en Redondela.
Por outra banda, tamén en materia turística, o PP local impulsará a inclusión de Redondela na Denominación de Orixe Rías Baixas e promoverá cursos de formación específica en hostalería e turismo no Concello.

A maiores, o sábado día 7 estivo co equipo de Bas o Presidente do PP galego, facendo un hoco na súa apretadísima axenda para deixarse ver a dar apoio a estes candidatos, percorrendo varias ruas da vila e acercándose mesmo ata a feria do choco onde foi recibido por una boa representación da sociedade redondelá, e moitos veciños que se achegaron a compartir con Feijoó e Bas, así coma co Presidente Provincial, Louzán, uns minutos, facer fotos e degustar os productos ofertados neste importante encontro gastronómico de Redondela en torno o Choco.

This entry was posted in Novas de Prensa. Bookmark the permalink.

Comments are closed.