La presentación de la candidatura fue un momento memorable. Gracias a todos por el apoyo a este proyecto.

JAVIER BAS PRESENTOU A UN EQUIPO UNIDO QUE TRABALLA POR CONSEGUIR A MAIORÍA ABSOLUTA O 22 DE MAIO EN REDONDELA

• Rueda e Louzán pediron o cambio para Redondela para rematar cos bipartitos e cos 30 anos de parálise aos que estiveron sometidos todos os veciños, sinalando ao Partido Popular como a única alternativa de futuro

• 31 homes e mulleres, en representación das 14 parroquias, compoñen esta candidatura renovada que axunta experiencia e xuventude; persoas comprometidas a traballar por e para Redondela

Redondela, 28 de abril de 2011.- “Un grupo de mulleres e homes honrados, que triúnfan nas súas profesións e nos postos de responsabilidade que ocupan en distintas asociacións do municipio, que veñen á política municipal a aportar a súa experiencia e a traballar por mellorar a calidade de vida das familias de Redondela e que, coma min e coma todos vós, viven e senten Redondela”, así definiu Javier Bas ao equipo “que vai traballar por conseguir a maioría absoluta na vila dos viadutos” no acto de presentación da candidatura que concorre ás vindeiras eleccións do 22 de maio, celebrado na tarde-noite de hoxe xoves na praza da Casa da Torre.
Bas comezou e clausurou o seu discurso diante de centos de afiliados, simpatizantes e veciños que ateigaron este punto do centro da vila, a onde acudiron diferentes personalidades do PP a nivel rexional, provincial e local, destacando a presenza de Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdG, e Rafael Louzán, presidente do PP Provincial de Pontevedra, que ao igual que o candidato á Alcaldía pediron o cambio para Redondela despois de 30 anos de parálise, “un cambio que ilusione e dea esperanza aos veciños”, obxectivo para o cal Bas requiriu “dar un paso máis na unidade xa conseguida ata o día de hoxe”.

31 persoas das 14 parroquias comprometidas con Redondela
Javier Bas lidera unha candidatura con novas incorporacións, na cal destaca tamén a permanencia doutras persoas, para todas elas, “para os que estiveron e para os que están”, Bas expuxo unhas verbas de agradecemento, ás que se uniu o presidente provincial, “gracias por contribuír a un partido renovado, reforzado e con moitas posibilidades de liderar o próximo goberno de Redondela”, subliñaba Louzán.
Trala cabeza de lista onde se sitúa Bas, figuran Miguel Ángel Álvarez (Chapela) e Alberto Pazos (Vilavella), no segundo e terceiro postos respectivamente, ámbolos dous actuais concelleiros na Corporación Municipal. No cuarto e quinto lugar atópanse dúas mulleres, Teresa París (Chapela) e Ana Mª Alonso (Cabeiro). No sexto posto está Jesús Crespo de Cesantes, no sétimo María José Barciela de Reboreda, no oitavo a actual concelleira de Cedeira Erminda Quelle, no nove Arturo González e no décimo posto Cándido Vilaboa de Vilar, tamén concelleiro do PP na Corporación Municipal. Os seguintes 10 candidatos son Julio Carlos Alonso (San Esteban de Negros), Elena Rivas presidenta de Novas Xeracións (Cedeira), Florencio Costas (Chapela), Silverio Currás (O Viso), Lorena Senra (Saxamonde), Mario Sánchez (Trasmañó), Lourdes Iglesias (Quintela), María del Mar Mariño (Ventosela), María Iglesias (Cedeira), Jesús Rodríguez (Reboreda) e pechando a lista figura no posto 21 o exconselleiro de Cultura da Xunta de Galicia Jesús Pérez Varela, “quen o foi case todo no partido e que no seu haber o ser unha das persoas que máis contribuíu no desenvolvemento de Redondela”, sinalaba Bas.
A lista dos suplentes está composta por dez membros. Encabézaa Ana Marta Buceta (Chapela), no 2 figura Lucía González (Cesantes), no 3 Ángel Álvarez (Chapela), no 4 José Manuel Alonso (Ventosela), no 5 Laura Barciela (Cedeira), no 6 Francisco García (San Esteban de Negros), no 7 José Álvarez (Cedeira), no 8 Mª Celeste Lago (O Viso), no 9 Jesús Alejandro Bamba (Cedeira) e no número 10 Ángeles Suárez (Quintela).
Javier Bas aposta por unha nova forma de traballo e de xestión das distintas áreas do Concello, reunindo as persoas co perfil máis axeitado a cada unha das concellerías. “Nesta candidatura están representadas as 14 parroquias por persoas que axuntan xuventude e experiencia, competentes e comprometidas con Redondela, que lles preocupa a situación actual na que nos atopamos e a que se atoparán os nosos fillos e netos no futuro”, aseguraba o candidato á Alcaldía, “motivo polo cal”, continuaba, “dan o paso e comprométense a traballar por e para Redondela, rematando co malgaste e a mala xestión do bipartito”.

O Partido Popular, a solución e o futuro de Redondela
“Aínda sendo o partido máis votado polos cidadáns, o matrimonio de conveniencia do bipartito impediu que fose o PP quen gobernase Redondela, por iso só nos vale a maioría absoluta”, salientaba Bas.
Rafael Louzán referiuse aos bipartitos como “os expertos do engano e do despilfarro”, sinalando ao Partido Popular e a Javier Bas á fronte da Alcaldía como a única alternativa de futuro para Redondela. Unha alternativa que poña fin a 30 anos de parálise “sen PXOM, con 3.000 persoas paradas, cun serio problema de tráfico, con carencias no sistema de saneamento nas parroquias, sen servizo do Grumir, sen as instalacións deportivas axeitadas e acordes a un municipio de 30.000 habitantes e, sobre todo, sen un plan turístico definido”, explicaba Bas. Dende esta situación, “sen perden un minuto en lamentarnos, dende o PP puxémonos a traballar para definir que é o que temos que facer para levar a Redondela a onde verdadeiramente se merece. É posible e vámolo conseguir, con honradez, con traballo e coa experiencia que atesoura este equipo que hoxe se presenta”.

title="PPRedondela_presentación_candidatura (9)" class="alignleft size-full wp-image-1769" />

This entry was posted in Novas de Prensa. Bookmark the permalink.

Comments are closed.