Hoxe comenza a campaña electoral, na cal temos que dar cadaquén o mellor que temos para poder chegar a esa maioría absoluta que necesitamos para gobernar este concello co noso programa.
Imos estar, nesta primeira xornada de campaña electoral, hoxe as 21:00 h no Centro cultural de San Esteban, para presentar as nosas propostas alí, e chegar os veciños deste barrio tan necesitado de melloras.
Xa sabedes, esta tarde todos en San Esteban con Javier Bas, imos facer a campaña para gañar esta alcaldía. Imos traballar por ese cambio, porque as veciñas e veciños non se queden na casa, que comprendan o importante que é este momento para o noso concello.
A sensación de que podemos facelo está nas rúas, e temos que recollela, como o día da presentación dos candidatos.
Redondela Quere.


