Una vez más, la mala gestión pasa factura. Ahora, el concejal de Protección Civil se da cuenta de que necesita ayuda e ideas…

O PP DE REDONDELA SOSTÉN QUE COA VISITA DE REGUERA A OUTROS CONCELLOS PARA VER O FUNCIONAMENTO DO GRUMIR REAFÍRMASE A INCOMPETENCIA NOS ÚLTIMOS 8 ANOS AO FRONTE DESTA ÁREA

• Os populares critican que isto o faga a mes e medio de celebrárense os comicios municipais en non antes, evitando chegar á situación problemática na que se atopa este grupo de intervención
• Alberto Pazos recórdalle aos socialistas que o que non fixeron en 30 anos non o van facer agora con actuacións puramente electoralistas e partidistas

Redondela, 6 de abril de 2011.- O Partido Popular de Redondela non sae do seu asombro é e que desta vez “parécenos unha falta de seriedade e responsabilidade o feito de ir buscar –a estas alturas- unha solución ao problema do Grumir no noso municipio visitando outros concellos na procura de ideas”, explica Alberto Pazos, portavoz do pp no concello. “Con esta actitude Reguera está a admitir que ao longo destes últimos 8 anos nos que estivo ao fronte desta área permaneceu de brazos cruzados e foi agora, a uns meses de celebrarse os comicios municipais, cando reaccionou ante un problema que se arrastra dende hai moito tempo atrás”, asegura Pazos. “É a isto pois o que se lle chama unha acción puramente partidista e electoralista, amáis do recoñecemento expreso da falta total de competencia neste ámbito”, engade.
Con todo, dende o PP de Redondela tampouco consideran apropiado o feito de “ir a compararse con concellos como O Grove ou A Estrada, que non se parecen en nada nin entre eles nin con Redondela”. Ademais, co simple feito de “ir buscar unha solución ao problema do Grumir, como así se publica na prensa, dende o Goberno local estase a admitir o que o PP xa ven denunciando ao longo dos últimos meses, e é a desorganización e descoordinación deste grupo de intervención rápida, por parte do seu máximo responsable no concello”.
Por todo isto, o PP local pon de novo ante os redondeláns unha realidade que xa non se pode agochar maís, cando é o propio responsable e concelleiro da xestión deste servicio o que coa súa actuación recoñece a súa falta de ideas e de eficacia.
A todo isto súmase a dúbida de que se o Sr Reguera ten que andar pedindo indicacións noutros concellos sobre qué ten que facer, pódese pensar que ata o de agora actuaba de xeito totalmente arbitrario, co que no canto de arranxar os problemas o que fixo foi enredar e complicar a situación do Grumir, ata chegar a día de hoxe ó extremo no que nos atopamos”, conclúe Pazos. Ninguén pode facer nun mes o traballo que deixou de facer durante anos.

This entry was posted in Novas de Prensa. Bookmark the permalink.

Comments are closed.