O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA CELEBRA ESTE XOVES A PRESENTACIÓN PÚBLICA DA CANDIDATURA QUE CONCORRE ÁS VINDEIRAS ELECCIÓNS DO 22 DE MAIO
• Javier Bas estará acompañado das 30 persoas que integran a lista, ademais de Alfonso Rueda e Rafael Louzán, entre outros persoeiros do partido a nivel rexional, provincial e local que tamén estarán presentes neste acto aberto a todos os veciños que dará comezo ás 20.30 horas na praza da Casa da Torre de Redondela
Redondela, 26 de abril de 2011.- O Partido Popular de Redondela celebra este xoves, 28 de abril, un acto público no que presentará a todos os membros que compoñen a candidatura que concorre ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio. “Un grupo de homes e mulleres competentes e comprometidos con Redondela”, así o define o candidato á Alcaldía Javier Bas.
Os populares redondeláns estarán arroupados ademais por persoeiros do partido a nivel rexional, provincial e local, destacando a presenza de Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdG, e Rafael Louzán, presidente do PP Provincial de Pontevedra.
O acto ao que están convidados todos os veciños de Redondela dará comezo ás 20.30 horas na praza da Casa da Torre de Redondela.

