Suponemos que va a ser un pleno extenso, así que ánimo a todos.
Este es el contenido de mañana, nuestras propuestas y peticiones de comparecencia.
O PP DE REDONDELA PRESENTA CINCO MOCIÓNS QUE VERSAN SOBRE O TRÁFICO NO CRUCE DE VILAVELLA, O 1% CULTURAL, O CAMIÑO DA CORREOLA, O SANEAMENTO EN SAXAMONDE E AS INSTALACIÓNS DO MERCADO DE CHAPELA
• No pleno de mañá mércores, os populares preguntaranlle a Reguera por diferentes actuacións en materia de cultura, tráfico e facenda, ademais de solicitar a comparecencia do tenente de alcalde primeiro para dar conta dun expediente urbanístico
Redondela, 29 de marzo de 2011.- O Partido Popular de Redondela, no seu labor de fiscalizar o traballo do Goberno local, presentará no pleno de mañá mércores unha serie de mocións, solicitando tamén a comparecencia de dous concelleiros para que dean as explicacións oportunas en cada caso.
Mocións
Na primeira das mocións formúlase a posibilidade de solicitar un estudo e planeamento de solucións co fin de reorganizar o tráfico de entrada e saída á vila no cruce do convento de Vilavella, “onde, como xa indicamos en pasadas ocasión, as preferencias non están acordes co volume de tráfico, sendo preciso ademais habilitar pasos de peóns, garantindo a seguridade dos viandantes”, explica Alberto Pazos, portavoz do PP de Redondela.
Novamente, o 1% cultural será motivo de debate. “Referímonos á absoluta falta de transparencia na xestión, se é que a hai, do concelleiro de Patrimonio respecto aos expedientes de conservación do patrimonio cultural con cargo ás obras do AVE. Dende fai meses estamos a intentar obter información atopándonos sempre con negativas, dando por feito unha xestión nula neste asunto”.
A terceira das mocións fai referencia á problemática dos afectados no camiño da Correola, na parroquia de Chapela, onde a petición dos veciños informouse ao Valedor do Pobo para que mediase no asunto polo que este organismo solicitou ao Concello unha serie de documentación, “unha documentación que non se axusta á realidade, manifestándose unha actuación reprobable ante os veciños e o propio Valedor”.
Tamén o PP local denuncia o acoso ao que están sendo sometidos os veciños da parroquia de Saxamonde por parte da empresa concesionaria do saneamento municipal, “ao tratar de cobrarlles por un servizo do que non dispoñen, pretendendo que paguen recibos de conexión e uso da rede de saneamento cando nin teñen a rede instalada nin as conexións feitas”, sinala Pazos. “Un total despropósito xa que, segundo os propios veciños, séntense inxuriados e obxectos de ameazas de multas coercitivas se non pagan en prazo”, engade.
A últimas das mocións presentadas polos populares redondeláns fai referencia ao estado de total deterioro e falta de mantemento das instalacións do mercado municipal de Chapela, “que presenta un aspecto lamentable, con humidades, partes do teito rotas, deficiencias no pavimento, contribuíndo todo elo a unha mala imaxe xeral que nada beneficia a súa actividade comercial”, sosteñen dende o PP solicitando que “se adopte un acordo de acometer un arranxo para emendar eses danos”.
Comparecencias
Unha vez máis, Eduardo Reguera centrará case todas as solicitudes de comparecencias efectuadas polo PP local. Deste xeito, como concelleiro delegado de Cultura, preguntaráselle sobre os problemas detectados na celebración das últimas festas do Entroido; como responsable da Concellería de Tráfico para dar conta das queixas dos veciños polos ruídos da zona da estación de Renfe e a súa contorna, así como tamén para responder á problemática do paso de vehículos pesados polo centro de Chapela, “que foi en aumento, coas consecuentes molestias para a veciñanza”; como concelleiro de Facenda preguntaráselle polos cambios de postura e “bandazos” que supón a aprobación de partidas de xeito urxente para a construción dunha fonte na praza de Ribadavia, “da que, a data de hoxe, non sabemos se finalmente se acometerá ou que se fará con dita fonte se non se coloca alí”.
Por outra parte, o PP tamén solicita a comparecencia do tenente de alcalde primeiro para dar conte do expediente urbanístico que fai referencia ás obras de reforma dunha vivenda sita na parroquia do Viso.

