O PP DE REDONDELA ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE AGOCHAR A SÚA NEFASTA ACTUACIÓN, DA QUE NON QUERE FACERSE CARGO NIN ASUMIR COMO PROPIA
• Os populares conclúen que nunca se iniciaron os proxectos nin existen expedientes solicitando a partida do 1% cultural con cargo ás obras do AVE
Redondela, de marzo de 2011.- O Partido Popular de Redondela acusa ao Goberno local de agochar a súa nefasta actuación, “da que ningún concelleiro quere facerse cargo nin asumir como propia”, explica o voceiro do grupo municipal do PP Alberto Pazos. E a mostra máis clara a negativa ante as solicitudes, sempre en tempo e forma por parte dos populares, de comparecencias nas sesións plenarias. No entanto, para o PP xa non é novo contemplar, ao igual que contemplan os propios veciños, “unhas formas de facer as cousas que nada teñen que ver coa xestión, a planificación, a orde, a transparencia e a eficacia, e a cota máxima de todo isto prodúcese cando xa nin sequera a petición da oposición, democraticamente elixida polos veciños, se dan as oportunas explicacións sobre temas fundamentais para Redondela como é o da partida do 1% cultural”, sinala Pazos.
O municipio redondelán e todos os seus habitantes levan anos soportando as obras do AVE, “obras das que non obtivemos ni un só euro como contrapartida a todos os inconvenientes soportados”.
A pregunta do PP cara a Eduardo Reguera como concelleiro de Patrimonio foi sempre moi clara e concreta: cales foron ou son os proxectos que dende o Concello de Redondela se presentaron para optar a esta partida do 1% cultural ao longo de todos estes anos para a conservación e mellora do patrimonio redondelán. As respostas neste caso foron variadas segundo o día. Nun primeiro momento contestouse que o proxecto destinado a recibir eses fondos era o da pasarela peonil do viaduto Floriani pero ao comprobarse que non existía documentación algunha que así o acreditase, o Partido Popular volveu incidir no tema, “entón foi cando Reguera negou ser concelleiro de Patrimonio, tomando a palabra no seu lugar o seu compañeiro socialista Emilio González para seguir sen dar unha resposta argumentada e coherente á pregunta, negándose a comparecer”.
En conclusión, “queda ben claro que nunca se chegou a iniciar ningún proxecto, nin existen tampouco expedientes solicitando esta partida e, en consecuencia, Redondela quedouse sen uns fondos moi importantes para investir en algo que nos pertence a todos como é o noso patrimonio cultural”, e queremos que se faga una análise do que xa damos por perdido, posto que dos 98 millóns de euros que habería para proxectos de conservación do patrimonio, con cargo as obras do AVE, e dos que Redondela, como municipio polo que atravesan, tería preferencia na asignación, nos vimos nin un peso para o noso concello, durante estes anos, e todos eses cartos gástanse nos concellos que os piden, e nos, Redondela, quedou sin nada,- asegura o edil do PP.
Dende o Partido Popular de Redondela apelan a que o primeiro é asumir a responsabilidade de cada quen e traballar en consecuencia, “todo o contrario ao que se fai neste concello, no que existe unha falta total de rigor e de competencia para os asuntos que a un lle encomendan”. E toda esta reivindicación faina o PP porque o seu obxectivo como partido da oposición céntrase en que as accións de política local cobren un sentido de normalidade, onde non caiba a improvisación tal e como está a ocorrer neste bipartito.

