A estrada do aeroporto semella máis un camino vecinal que unha Nacional. Trátase da N-555 que vai dende a rotonda da entrada en Redondela ata ó aeroporto, atravesando Cedeira, Negros, Cabeiro e Vilar.
Esta estrada atópase chea de buratos polos camións que circulan cara as obras do AVE, ó longo da mesma hai unha enorme cantidade de auga debido á falta de saneamento, o asfalto foi reducido a garavilla…. Todo isto xunto coa inexistencia de beiravías fan da estrada do aeroporto unha das máis perigrosas, xa non só para os veciños senon tamén para os condutores.
As demandas dos veciños veñen a reclamar a urbanización desta estrada, para dotala de beiravias ,beirarrúas e paseos, por razón de seguridade ó ser esta unha zona cotiá de paseo e entrada á vila, moi frecuentada.



