LA AVENIDA DE VIGO, EN CHAPELA, ABANDONO Y DEJADEZ.

O PP DE REDONDELA ESIXE O RESTABLECEMENTO DO USO PÚBLICO DUNHA PARTE DA BEIRARRÚA NA AVENIDA DE VIGO EN CHAPELA

• Unha varanda en condicións precarias corta o paso aos peóns entre os números 83 e 85 por mor dunhas obras de edificación no terreo lindeiro que levan tempo paralizadas; situación ante á cal o Goberno local vira as costas e fai oídos xordos ás peticións da veciñanza que solicita a apertura da beirrarúa

Redondela, 20 de xaneiro de 2011.- O Partido Popular de Redondela, facéndose eco das peticións da veciñanza, solicitou na sesión plenaria do mes de novembro, o restablecemento do uso público da beirarrúa sita entre os números 83 e 85 da Avenida de Vigo en Chapela.
Na actualidade este tramo de beirarrúa está ocupado por unha varanda de madeira en condicións precarias que limita e dificulta o tránsito dos peóns. “O paso mencionado foi instalado con ocasión do inicio dunhas obras de edificación no terreo lindeiro que levan tempo paralizadas, sen que a pesar do tempo transcorrido e ante a ausencia de toda actividade construtiva no inmoble, se solucionase a situación da beirarrúa, o que ocasiona as queixas da veciñanza”, explica Teresa París, secretaria de Comunicación do PP.
Desta maneira, os populares reclaman que, previa a adopción das medidas de seguridade oportunas para evitar danos ás persoas e ao propio inmoble, se libere a beirarrúa da varanda provisoriamente instalada e se restableza o uso público da mesma en condicións de normalidade.
O Partido Popular de Redondela critica que “unha solución limitada no tempo, e que debía preverse unicamente para garantir o tránsito peonil durante a execución das obras de construción, se prolongue no tempo con carácter indefinido atopándose ademais nun estado precario e sen reunir as medidas de seguridade oportuna, sinala París.
Dende o PP esixen ao Goberno local “actuar en tempo e forma, adoptando as medidas que melloren as condicións de vida dos veciños. Non se pode gobernar mirando só para o centro da vila, os demais tamén temos problemas graves e perentorios que necesitan solucións”, apunta a secretaria de Comunicación do PP preguntándose se “hai alguén neste bipartito que saiba dalas e vaia dalas. É evidente que con actuacións como estas os gobernantes municipais están a amosar con total indolencia que non, e o que é peor, que Chapela, onde viven máis de 8.000 veciños, non lles doe”.
“De novo atopámonos ante un modelo de goberno ineficaz que pasa pola desidia e a indiferencia total. Dende o PP insistimos e insistiremos na cuestión de que os problemas non se solucionan sos, deixando pasar o tempo de forma indefinida e mirando para outro lado e que os prazos están para cumprilos”, conclúe París.

This entry was posted in Chapela, Novas de Prensa. Bookmark the permalink.

Comments are closed.