Veciños de Cedeira e Negros levan tempo a denunciar o vergonzoso e lamentable estado desta estrada perante o alcalde, pois estamos a falar dunha travesía de alto risco debido ó grande número de buratos e asfaltado rebentado, como se pode aprezar nas fotografías.
As peticións dos vecinos levan anos sin ser atendidas polo alcalde, que se caracteriza pola súa deixadez e desidia nos asuntos desta parroquia, que exemplifica á perfección o estado de abandono no que se atopan as nosas estradas e entre elas a N-555.

