Rei mostrouse satisfeito polas obras executadas polo goberno local ao largo del último ano. Por un lado a humanización da vila, que modificou ao aspecto das rúas centrais de Redondela, pero “sobre todo destacaría as obras que non se ven, as do saneamento nas parroquia“, e que supuxeron unha forte inversión por parte do Concello.
Esto é parte da entrevista realizada a Xaime Rei
Lidas estas palabras do noso alcalde, temos que dicir que na parroquia de Cabeiro só está feita o 30% da rede de saneamento, da que tan orgulloso está o alcalde. Dentro deste 30% temos que sinalar que unha parte (a que vai dende o transformador ata Quirincosta) hai que levantala, xa que non ten a suficiente caída para verter de maneira axeitada. A parte restante, non ten caída ao colector xeral, co cal é como si non estivese feita, xa que non se pode utilizar.
Ademáis, dada a mala colocación desta rede, a metade dos vecinos precisan utilizar bombas propias para que as súa augas cheguen ao saneamento.

