Como xa pudéstedes ler estes días na prensa, o noso Concello investirá 54.000 € nunha fonte luminosa, que será ubicada na Praza de Ribadavia. E eu penso ¿non haberá cousas mais necesarias neste concello, sobretodo nesta época de crise?.
No noso pobo por desgracia temos grandes carencias, como para gastar eses cartos en algo que en principio non é unha prioridade, coma pode ser a atención ós cidadans, que nesta época están pasando por grandes dificultades, polo tanto pensamos que deberían destinarse os máximos recursos posibles, para intentar axudar as persoas, que son o realmente importante.
Ainda así, se non queren adicar estes cartos ós Servicios Sociais, hai obras que realmente se necesitan en Redondela, pero non son tan visibles electoralmente coma unha fonte luminosa de 6 metros.

