Redondela, 30 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela faise eco dunha situación complexa que se produce nas horas de entrada e de saída ao Conservatorio de Música. Por mor da falta dun espacio axeitado e acondicionado tanto os alumnos, como os seus pais ou familiares que acoden a recollelos sofren as malas condicións climatolóxicas propias do inverno e incluso perigos en materia de seguridade vial.
Neste sentido, dende o PP de Redondela instan ao Goberno local a que execute obras de mellora neste respecto. Deste xeito, os populares propoñen que se acondicione o patio posterior do edificio, actualmente desaproveitado, como lugar de esparexemento e onde poder esperar ao momento de entrar e de saír con seguridade en condicións máis apropiadas que as actuais, nas que só se usa como zona de espera o espazo aberto e pequeno zaguán dianteiro. Neste sentido, outra das propostas céntrase en acondicionar dito espacio para que un se poida resgardar do frío, da choiva e do vento propios do inverno en Galicia.
A todos estes problemas engádeselle tamén a escaseza de espacio para aparcar e poder deixar aos nenos co material que teñen que levar ás clases.
Dende o PP estímase que sería conviente e necesario estudar a maneira de mellorar pois estes aspectos e dar un solución ao problemas que teñen que padecer alumnos e pais nos momentos de espera para a entrada e a saída das clases. Neste sentido, o Partido Popular de Redondela, en apoio a este colectivo e aos intereses xerais de todos os veciños, trasladaralle ao Goberno local o aquí exposto durante a vindeira sesión plenaria, para que se analice, se teña en conta e se actúe en consecuencia.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

