O PP DE REDONDELA INSTA A QUE SE TOMEN MEDIDAS PARA GARANTIZAR A SEGURIDADE DOS VIANDANTES NA ROTONDA DE RANDE

Redondela, 29 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela denuncia a situación que padecen os viandantes que camiñan dende a zona do alto da Encarnación cara á Redondela. Despois de ano e medio de incómodas obras na rotonda de entrada e saída da AP-9, na N-552, a seguridade vial segue a ser un grave problema na zona xa que non se acondicionou con beirarrúas nin semáforos para o paso de peóns.

“Os veciños vendo xa ao lonxe que este proxecto, no que se investiron máis de 640.000 euros, ía supoñer un impedimento para o paso de viandantes reclamaron no seu día medidas de seguridade para previr o risco de accidentes e atropelos”, explica Javier Bas, presidente da Xestora e candidato á Alcaldía.

A rotonda foi inaugurada e as promesas incumpridas, xa que “ese proxecto de seguridade vial do que falaba o Goberno, no que se incluirían beirarrúas e semáforos non existe, de xeito que, só infrinxindo as normas, os viandantes poden ir dun lado a outro”.

Deste xeito, “podemos asegurar que os problemas destes veciños seguen sendo os mesmos que antes ou incluso peores, pois nestes momentos a zona da Encarnación e Rande están incomunicada a pé”.

Por todo o exposto, dende o Partido Popular de Redondela instan ao Concello a que “tome as medidas oportunas e faga o necesario para devolver a estes veciños a súa autonomía e liberdade de moverse con total seguridade a pé entre estas zonas”.

A maiores, xa non so se incumpriu coa promesa de contemplar un proxecto de seguridade vial, senón que tamén a propia infraestrutura “adoece de defectos polo que respecta á recollida e evacuación de augas pluviais; problema que saíu á luz durante o período de obras e que a día de hoxe constatamos que non se resolveu da maneira apropiada, ao contemplar como coa chegada das choivas fórmanse enormes charcos e prodúcense filtracións entre os muros de contención”. Esta mostra é un novo exemplo da falta de control que se leva a cabo sobre as obras no Concello de Redondela.

“O resultado final desta gran obra está a vista de todos; inseguridade e traballos mal executados foi o que recibiron os veciños de Rande despois de sufrir varios anos reivindicando un plan de seguridade vial”, conclúe Bas.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

This entry was posted in Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>