O PP DE REDONDELA EXPRESA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO RETROCESO QUE HOXE CONTINÚA A SUFRIR O MUNICIPIO POR NON TER APROBADO UN PLAN URBANÍSTICO

Redondela, 29 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela lamenta as consecuencias de trinta anos de Goberno municipal sen proxectos nin obxectivos, resultados que deron pé agora “a que cada día que pasa asistamos, entre outras accións, a novas tentativas de diferentes concellos posicionándose e ofertando chan industrial de cara ás intencións da Mitsubishi para instalar en Galicia a súa filial de fabricación de baterías para automóbiles, namentres aquí, nós so podemos mirar este proxecto moi dende lonxe”, explica Javier Bas presidente da Xestora e candidato á Alcaldía. Neste sentido, Bas engade que “somos testigos de cómo outros municipios formulan ser opción neste proceso de decisión empresarial tan importante, mentras Redondela queda de brazos cruzados, sen a máis mínima oportunidade, ao carecer dun plan de urbanismo que dea seguridade xurídica ás empresas que buscan terreos onde instalarse”.

Por mor da mala e nefasta xestión do Bigoberno local actual, “atopámonos con menos posibilidades que outros concellos, con menor patrimonio e poboación, de atraer empresas como esta ou como calquera outra portadoras de riqueza e emprego para o noso municipio, xa que nin sequera contamos cunha opción de saída, cunha oferta de chan industrial listo e en condicións para calquera entidade que tivera intencións de ubicar unha planta aquí. Este é o resultado de tres décadas gobernados polo PSOE, en solitario e en coalición”, asegura Bas.

Nesta liña, dende o PP pregúntanse “se acaso exite algunha outra ocupación más importante para un concelleiro delegado de Urbanismo que sacar adiante unha norma que dea seguridade xurídica a todos os veciños e empresas no que respecta ás súas edificacións e proxectos no presente e no futuro”. Un labor este que “debería ser a tarefa máis importante para o responsable desta área, tan vinculada ao desenvolvemento da poboación e da economía de cada concello, hoxe máis que nunca, pois nas normas urbanísticas mestúranse aspectos tan importantes como o desenvolvemento sostible do territorio, a vertebración das comunicacións e a capacidade económica e social de cada municipio. Sen Plan Xeral, quedaremos aínda máis atrás do que hoxe todos palpamos na rúa”.

“Agora máis que nunca é preciso que o noso plan de urbanismo saia adiante, do contrario estaremos maniatados perdendo sempre oportunidades de futuro e vendo como outros si as aproveitan”, sinala Bas.

“Esperamos que os redondeláns reflexionen sobre as consecuencias que está a sufrir este municipio pola falta de traballo, de compromiso e de obxectivos dun Bigoberno concentrado unicamente en facer políticas de altos voos, co horizonte posto moi lonxe de Redondela e que rehusa as súas obrigas máis directas e vinculadas coa veciñanza, deixando con elo a todos na estacada”, conclúe.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

This entry was posted in Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>