Redondela, 29 de novembro de 2010.- A seis meses das eleccións municipais, o Partido Popular de Redondela consolídase e segue a traballar, cada vez con máis forza, unido e trazando novas estratexias, para acadar o obxectivo último: un goberno único e de maioría absoluta que vele polas necesidades e o benestar de todos os veciños. Despois de constituírse no mes de xullo a nova Xestora presidida por Javier Bas e de ser este nomeado candidato á Alcaldía en outubro, agora en decembro unha nova reunión xuntará a todos os populares redondeláns para celebrar a chegada do Nadal, despedir o 2010 e dar a benvida a un 2011 que se prevee exitoso.
Así pois, como vén sendo habitual nestas datas, afiliados, militantes, simpatizantes e amigos do Partido Popular de Redondela celebran o Nadal cunha comida de confraternidade que contará con animación musical e outras sorpresas que amenizarán a xornada. A cita será o domingo, día 12 de decembro, a partir das 14.00 horas no Convento de Vilavella. Deste xeito, todas aquelas persoas interesadas en asistir a esta cita, de importante relevancia para os populares redondeláns, poderán sacar a súa entrada chamando ao teléfono 986 404 022 ou ben poñéndose en contacto con calquera membro da Xestora ou do Grupo Municipal do PP.
Asimesmo, dende o PP local tamén se informa que xa está dispoñible, para todo aquel que o desexe, a lotería de Nadal.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

