O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA INSTA AO GOBERNO LOCAL A QUE MEDIE NUN PROBLEMA DE SEGURIDADE EN SAXAMONDE

Redondela, 18 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela denuncia a situación que están a padecer os veciños da parroquia de Saxamonde, así como tamén o resto de persoas que transitan por dita zona, onde existe un grave problema de seguridade vial, a causa dun enorme desnivel do terreo “que pón en risco a diario a viandantes e vehículos nesta zona onde o Camiño da Banca se cruza coas vías do ferrocarril e se ve afectado pola franxa de afección desta infraestructura ferroviaria”, explica Javier Bas, presidente da Xestora e candidato do PP á Alcaldía.

O Partido Popular constatou in situ a gravidade deste problema polo cal os veciños lévanse queixando varios anos sen obter nunca unha resposta ao respecto, nin tampouco unha solución, teña que dala Adif ou o Concello.
Nesta zona a construción das vías obrigou no seu día a desviar o Camiño da Banca da súa traxectoria orixinal ademáis de estreitar moito a calzada. A maiores construíuse unha ponte sobre as vías, movéronse as terras “e o resultado de todo é que, a día de hoxe, o camiño atópase a unha gran altura sobre a rasante das vías, sen protección algunha, nin varandas nin quitamedos, nin un muro de contención, de maneira que cando dous vehículos se cruzan nesta zona tan estreita, de curva moi pechada e preto da ponte da vía, teñen que medir a súa manobra a risco certo de caer barranco abaixo sobre as vías que están totalmente desprotexidas”, sinala Bas.

O Partido Popular de Redondela faise eco do manifestado polos veciños e insta ao Goberno local a que “eleve esta petición a Adif, redobrando os esforzos para que non se deixe pasar máis tempo sen dar unha solución a este problema que se arrastra dende anos atrás”.

“Atopámonos unha vez máis ante a deixadez e despreocupación deste Bigoberno municipal; unha nova mostra dunha completa falta de escoita cara aos veciños. É de xustiza que se os redondeláns reclaman algo aos seus gobernantes deban ser escoitados e non ninguneados con consabidas escusas, repetidas ata a saciedade, coas que os de sempre viven de brazos cruzados mentras os problemas seguen durante anos e anos sen solución algunha”, conclúe Bas.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

This entry was posted in Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>