O PARTIDO POPULAR DE REDONDELA ACUDE COS VECIÑOS AO PARLAMENTO GALEGO EN APOIO AO REXEITAMENTO DA AMPLIACIÓN DA AP-9 E NA DEFENSA DA A-57 E A ALTERNATIVA 11

Redondela, 8 de novembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela amosa o seu apoio aos miles de veciños do municipio acompañándoos mañá ao Parlamento Galego, onde se solicitará un cambio no proxecto do Ministerio de Fomento en materia de infraestruturas que afectan a Redondela.

Será este martes cando, no pleno que se celebre en Santiago de Compostela, se debata a ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela e a construción da A-57, a través dunha proposición non de lei presentada polo deputado Alejandro Gómez, voceiro de Infraestruturas do PP.

En devandita proposición solicítase que se priorice a construción da A-57 (Pontevedra-O Confurco) fronte a ampliación da AP-9. Ademais, reclámase seguir co trazado desta autovía xa prevista coa chamada alternativa 11 (Pazos-Os Valos-Peinador) en lugar da A-59, “a que máis danaría a todas as parroquias de Redondela e que, curiosamente, só é defendida polo propio alcalde”, subliña Javier Bas presidente da Xestora local e candidato á Alcaldía.

Con este obxectivo e en apoio aos miles de veciños que así mesmo se posicionan, membros da Xestora local e do grupo municipal do PP, encabezados por Javier Bas acudirán ao pleno do Parlamento Galego para amosar, unha vez máis, o seu rexeitamento á ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela priorizando a construción da A-57 e a alternativa 11, “a máis barata, máis curta e máis beneficiosa para Redondela; do contrario, atoparémonos ante outro novo destrozo da nosa paisaxe sen aportar solución algunha ao tráfico”, sinala Bas. No entanto, os populares redondeláns confían en que a proposición sairá adiante, “porque é o máis lóxico e xusto para todos”.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

This entry was posted in Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>