O PP DE REDONDELA PÓN DE EXEMPLO AS CONSECUENCIAS DAS FORTES CHOIVAS COMO REFLEXO DA MALA XESTIÓN DO GOBERNO LOCAL

Redondela, 15 de outubro de 2010.- Cando fai menos dun mes o Partido Popular de Redondela denunciaba a inoperancia do Bigoberno local polo que respecta á conservación de espazos naturais como pode ser a zona da Marisma e a súa contorna na cal se construíu recentemente unha área de ocio e recreo para disfrute de veciños e visitantes, agora “atopámonos coa decepción e o enfado de ver tantos miles de euros, sacados do peto de todos nós, convertidos nun lugar sucio, con maleza, moi descoidado, no cal o lixo sube polo cauce do río, as algas púdrense nas ribeiras e as botellas e plásticos inundan toda esta zona que se atopa en estado de absoluto deterioro”, explica o concelleiro do PP Cándido Vilaboa.

As pasadas choivas supuxeron un acrecentamento de todo isto, algo que sucederá ao longo de todo o outono e inverno, “saíndo á luz, unha vez máis, novos detalles da incompetencia municipal”.

Na zona do paseo do río Pexegueiro, á altura da gardería municipal, atópase unha saída dunha tubaxe, “que de primeiras non parece ter ningunha utilidade pero no momento de chover forte calquera un de nós pode comprobar que funciona como desaugadoiro da zona que comunica o ximnasio coa gardería, anegando todo o paseo e cun novo cauce directo ao río. E todo elo, non son máis que consecuencias das improvisacións coas que traballan a diario dende o Concello”, asegura Vilaboa.

A maiores, nalgunhas zonas o paseo quedou tan baixo que cando sube a marea e as augas baixan máis abundantes polo cauce natural, “pón de manifesto de novo a maneira de executar as obras en Redondela, sen ter en conta nin as mareas nin as crecidas dos ríos, ambas cuestións máis que coñecidas por todos”. A causa disto cruzar a nova ponte de pedra que atravesa o río Pexegueiro, á altura da gardería, supón un perigo nos días que a auga acada un nivel alto, carecendo ademais de varanda de protección.

Ambas situacións son unha nova mostra “do que a estas alturas se converteu en desidia e afastamento das necesidades dos veciños”, conclúe o concelleiro do Partido Popular de Redondela.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación

This entry was posted in Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , , , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>