O PP DE REDONDELA NON PRESENTARÁ ALEGACIÓNS AO CONVENIO DE CESIÓN DE INSTALACIÓNS DO CLUBE DE REMO DE CHAPELA

Redondela, 23 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela non presentará alegacións ao convenio para a cesión do local a favor do Clube de Remo de Chapela. “Creemos sinceramente que era un documento mellorable pero se os interesados están de acordo nós non imos poñer atrancos”, declara o voceiro popular Alberto Pazos, amosando a súa preocupación ante a demora sufrida nas obras, “xa advertimos no seu momento que adicar todos os fondos do Plan E a un único investimento era un risco demasiado alto; agora vemos que os prazos son moi xustos e corremos o risco de non rematar as obras na data prevista”.

Os populares ven na actitude do concelleiro socialista Emilio González un síntoma de preocupación. “Dende fai meses González adícase a culpar a quen sexa do posible retraso do proxecto, pois sabe que se non remata a tempo podemos vernos obrigados a devolver os tres millóns de euros que lle corresponderon a Redondela”, afirma Pazos. “Nas últimas datas o edil socialista acusou primeiro aos socios do Clube de Remo e agora ao PP de retrasos nas obras, pero non di nin canto nin cando se retrasou”. Xa no mes de maio deste ano 2010, cando comenzaban as obras, dende o Concello recoñecíase, en declaracións do alcalde feitas á prensa, que o prazo de execución desta primeira fase do proxecto (que remata a finais de 2010) ía supoñer unha preocupación; e tal e como hoxe constatamos, esta preocupación segue en aumento.

O voceiro popular solicítalle a González que deixe de buscar responsabilidades fóra do Goberno municipal, “ocultou información á oposición, modificou unilateralmente o acordo que tiña co Clube de Remo, e ademais pretende facer a uns e a outros responsables da súa prepotencia cando o máis sinxelo era acordar o documento con todos os interesados antes da súa publicación”, asegura Pazos que anuncia a total colaboración do seu grupo para que o Concello non sufra unha grave perda económica sempre e cando “o Goberno deixe de enlamar a política municipal e recupere a vía do diálogo e a boa fe”.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

This entry was posted in Chapela, Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>