O PP DE REDONDELA APELA Á CONSERVACIÓN DOS ESPAZOS NATURAIS ABANDONADOS POLOS DIRIXENTES DO BIGOBERNO LOCAL

Redondela, 22 de setembro de 2010.- O Partido Popular de Redondela denuncia novamente a inoperancia do Bigoberno local, desta volta no que respecta á conservación de espazos naturais como pode ser a zona da marisma e a súa contorna.

Os paseos do río Pexegueiro e da Portela conforman un dos enclaves naturais máis emblemáticos da vila dos viadutos, por elo en decembro de 2009 executáronse unha serie de obras para a súa recuperación e acondicionamento, actuación rematada en tres meses e oficialmente inaugurada. Foron máis de 750.000 euros invertidos co obxectivo de poñer en valor e recuperar esas biozonas para disfrute de veciños e visitantes, “unha finalidade non acadada xa que a día de hoxe, nun descoido de importante alcance ecolóxico, estamos a contemplar como estas infraestruturas, que a todos nos sae do peto, non se están a conservar, abandonándose por completo o seu mantemento”, explica o concelleiro Cándido Vilaboa. “Cando tiñamos que disfrutar dun paseo excepcional pola beira do río Pexegueiro, rodeados de especies vexetais e animais, o que realmente atopamos é un lugar cheo de maleza, no cal se acumula todo tipo lixo -coma restos do botellón, bolsas e papeis- sen control algún, cos consecuentes impactos negativos que isto provoca tendo en conta ademáis a proximidade das zonas deportivas, escolares e o centro de saúde que atraen a moitos veciños e visitantes a estes paseos”.

Neste sentido, o Partido Popular de Redondela insta ao Goberno local a que actúe de inmediato e realice as funcións que lle compete para paliar “este lamentable espectáculo co que se atopan veciños e visitantes que diariamente se achegan á zona co desexo de pasar uns momentos de lecer, unha cuestión que tamén está a danar a imaxe do propio municipio”.

Dende o PP asegúrase que a día de hoxe non existe ningún tipo de control nin mantemento das especies vexetais do cauce, “permitindo con esa despreocupación e deixadez que este sexa invadido por outras que danan a ribeira e rematan ocupando a totalidade deste espazo ao desprazar ás autóctonas”, sinala Vilaboa.

A maiores de todo isto, “por se xa non fose suficientemente insultante para aqueles que aman a natureza e para todos nós en xeral”, algunhas das fontes e surtidores de auga que un se pode atopar ao longo dalgún destes paseos están estragados ou fóra de servizo, as papeleiras cheas sobre todo na zona da Portela, atopamos paneis informativos que non dispoñen de ningunha información e moitas das árbores prantadas ao longo do percorrido están a secar por mor dun rego e mantemento inexistente.

“Son exemplos todos eles de actuar con precipitación, sen avaliar os impactos ecolóxicos e sen planificar as medidas de mantemento para unha zona como esta que, no canto de ser un reclamo para veciños e visitantes, forma parte xa do elenco de actuacións relegadas ao máis absoluto esquecemento”, conclúe o concelleiro popular.

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do PP de Redondela

This entry was posted in Novas de Prensa, Sala de Prensa and tagged , , , , , . Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>